sábado, 27 de abril de 2013

BREIZH de MIRO VILLAR

"As vellas fiestras 
queren baixar á rúa,
cruzar a ponte".

Dende o prelo de Toxosoutos (2012) tamén saen os haikus de Miro Villar (Cee 1965), ese poeta da bisbarra de Fisterra que encrista as augas atlánticas cando ergue o verso ou o discurso. Na colección Nume intégrase este Breizh, que achega un gorentoso limiar do prolingüista Xosé María Lema Suárez (Vimianzo 1950). Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, Miro é un deses grandes mestres -ou vates- do verso contemporáneo galego, semellante a un grande miniaturista do medievo, onde o traballo e a precisión poden rabuñar o feito perfecto.

Portada
Caricatura (do Karrapucho)

Escritor en galego, as súas composicións poéticas foron traducidas a unha manchea de linguaxes: português, castelán, italiano, francés, inglés, alemán, ruso, albanés e serbo-crota.

"Golpes de mar
erosionan a lingua,
nas gorzas de mor".

Velaquí a portada que realicei desta obra, onde entre as brétemas do pasado e das tradicións vetustas enxergan unha figura entrelazada -tal se fixesen con vimbios- de aspecto celta, navegando sobre as ondas da bandeira da Bretaña (de Breizh).

Sem comentários:

Enviar um comentário